¿Son los PAC una bicoca?

Iniciado por isapa, 22 de Febrero de 2010, 21:45:21 PM

Tema anterior - Siguiente tema

0 Miembros y 1 Visitante están viendo este tema.

isapa

Hoy leí este artículo en una revista de la ASOCIACIÓN GALEGA DE MÉDICOS DE FAMILIA E COMUNITARIA (AGAMFEC), que también puede estrapolarse a la Enfermería de los PAC.


Por que parece que ningún médico
de familia quere traballar nos PACs?

Begoña Peiteado Garrido
Médica do PAC de Vigo.
Cad Aten Primaria
Ano 2009
Volume 16
Páx. 267-268

Hai unhas semanas aparecía nun xornal de Vigo un artigo sobre os
PACs de Galiza e unha das súas grandes afirmacións era que resultan
servizos moi pouco resolutivos. De principio pensei que quizais
estaba de acordo con esa afirmación (escaseza de medios, en canto
un paciente precisa unha proba complementaria hai que derivalo ao
seguinte nivel), pero despois de reflexionar sobre o tema empecei a
pensar nos miles de servizos a domicilio e na vía pública que se realizan
nos distintos PACs do país, só no meu realizáronse no ano 2009
máis de 4000 de este tipo de atencións (pódense votar contas de
cantos saen por día), e refírome a atencións realizadas por persoal do
propio PAC, non polo 061, como tantas veces pensan os cidadáns.
Hai algúns pacientes aos que acudimos tantas veces ás súas casas
que ata parece que somos os seus médicos de cabeceira: pacientes
maiores, encamados, con demencia, que as súas familias se senten
pouco atendidas ou que están desbordadas pola súas situacións.
Que dicir das atencións a pacientes psiquiátricos (estes sí que son o
noso auténtico cupo, coñecidos sempre por todo o servizo), das asistencias
en casos de conflitos familiares, discusións nas casas ou na
rúa, casos de precariedade social, temas xudiciais... en moitas destas
ocasións vémonos solucionando temas que cremos que exceden
a nosa competencia (cantas veces as forzas de seguridade esperando
polos sanitarios para subir ao domicilio dunha persoa que segundo
din os familiares está ameazando cun coitelo ???).
E por suposto están os centos de miles de pacientes que se atenden
nos propios centros. Onde acudirían estes pacientes se non fosen ao
PAC?.
Así que malia que sexa necesario algún cambio na organización dos
PACs, en base a criterios de racionalidade e tendo en conta a situación
de escaseza de persoal médico na que vivimos, non podo aceptar
de maneira algunha que os PACs sexan pouco resolutivos.
Este desprezo que sentimos os que traballamos nos PACs por parte
da administración, e ata ás veces por parte dalgún compañeiro,
penso que pode influír en que moitos médicos de familia non queiran
traballar neles e, non obstante, sí hai aspectos nos que resulta un
traballo interesante e satisfactorio como por exemplo a atención a
pacientes en situación de coidados paliativos. As súas familias saben
que contan con nós para calquera problema que xurda a calquera
hora do día. Son casos que con frecuencia producen a certidume
dun traballo ben feito.
Esa sensación de ser médico de alomenos segunda categoría é un
aspecto que condiciona moito á hora de elixir traballar nun PAC, porque
despois de moito loitar e de acadar considerables melloras nos
aspectos de situación laboral, tipo de contrato, retribucións, etc,
emporeso, á hora de reclamar os nosos dereitos parece que non
somos merecedores deles. Calquera traballador do Sergas de calquera
centro, categoría, nivel, posto, etc ten unha serie de dereitos
que en cambio a nós se nos negan, se nos "racanean" ou se nos fan
pagar dalgún xeito. Ti, médico que non traballa en PAC, algunha vez
se che dixo que non podías pedir un día de libre disposición por ter
estado en situación de incapacidade laboral previamente?
Entenderías que se che descontasen cartos da túa nómina por pedir
un permiso por falecemento dun familiar, ou por solicitar un permiso
para realizar algunha actividade formativa, ou por acudir á OPE?
Pois isto está a ocorrer co persoal sanitario dos PACs, e non é algo
casual ou un erro informático senón que é algo feito a sabendas pola
nosa administración.
Dificilmente podo imaxinar unha situación na que os PACs non
existisen, non vexo como se organizaría a atención urxente sobre
todo a domicilio, por iso malia que, como dixen antes, pode ser
necesaria algunha reorganización, non me parece posible o peche
de PACs, uns polo volume de poboación que atenden e outros por
criterios xeográficos: polo territorio que abranguen ou pola distancia
aos hospitais.
Eu entendo o PAC como un servizo máis dentro da atención primaria,
da atención primeira e máis achegada ao cidadán, cuxo obxecti-
vo é a rápida resolución de problemas que non poden esperar. Aínda
que penso que quizais non sexa un posto de traballo para toda a
vida, dados os inconvenientes de traballar de noite e en festivos, sí
que resulta un traballo interesante para un médico de familia, nun
ámbito onde poder desenvolver aptitudes para actuar en casos de
emerxencia, que se poden presentar despois en calquera ámbito de
traballo médico, e onde se realiza un auténtico traballo en equipo,
que ás veces pode resultar difícil na actividade ordinaria.
Entre todos debemos traballar para que o médico de PAC sexa visto
como o que é, un médico de familia máis, que desenvolve a súa
labor nun ámbito específico da atención primaria e que polo tanto
debe ter a mesma consideración que calquera outro médico de familia.
Por iso animo a todos os médicos de PAC a participar máis activamente
na nosa sociedade, a dar a coñecer máis a fondo o noso
traballo e a camiñar día a día cara á desaparición das diferenzas entre
os médicos de familia.

isapa

¿Qué opináis? ¿Creéis que el trabajo en PAC es un chollo?

burgos

Desde luego que se necesita igual preparacion que para cualquier otro servicio y de chollo nada, subir a un 5º sin ascensor para curar, poner tto paliativo, sondas obstruidas etc requiere un sobreesfuerzo. Yo hace mucho que no tengo contaxto con la primaria pero desde luego en mi entorno no percibo este sentimiento al que alude la médico del PAC.No sabia que en galicia percibieran a los tjdores de los PACs como de segunda. Desde lugo yo creo que hacen una labor fundamental, sino todos esos casos acabarian agolpados en el hospital sin remedio. Yo solo he trabajado en Pacs o como se llamasen entonces hace muchos años y trabaje  de lo lindo y el sueldo, no me acuerdo

BEAUTY

A mi no me parece que trabajar en un PAC sea un chollo, a ver segun como están las cosas ahora mejor es trabajar que nada pero de ahi a que sea un chollo;´Yo trabajo en el SAC que aquí en Asturias viene a ser lo mismo que los pacs, el sac es el servicio de atención continuada, hacemos guardias de 7, 12, 17 y 24 horas, tenemos un centro asignadoa  pero solemos ir a 2 o a 3 diferentes;  En el que estoy yo es un centro urbano los fines de semana hago guardias de 12 horas, los sabados y domingos por la mañana suele haber como 20 personas ya citadas para inyectables y curas, más las que vienen espontaneas, más los que deriva el médico, más los domicilios concertados, más los domicilios que surgan, más las urgencias, en fin y está una enfermera sola, con el personal médico. El sueldo es mucho menor que el de los que trabajan por la mañana, y bueno ahora por lo menos mejoró algo pero antes se cobrará por horas a unos 6 euros la hora que a fin de mes quitando retenciones y demás para ganar algo decente tenias que comerte unas 200 y pico horas.

A mi el trabajo en el PAC me gusta , pero de ahi a decir que es un chollo. No tienes a tus pacientes asignados, y bueno a veces te sientes como un poco de segunda división en relación con los de la mañana.
El sabio dice todo lo que piensa y piensa todo lo que dice

Panfilina

Totalmente de acuerdo con Beauty.  Besitos cielo.
Antes de preguntar, dale a buscar !!!

Todo pasa y todo queda... Se hace camino al andar.