Reconocimineto de trienios al personal interino del SERGAS.

Iniciado por Capi, 10 de Abril de 2008, 12:20:29 PM

Tema anterior - Siguiente tema

0 Miembros y 1 Visitante están viendo este tema.

Capi

Orde do ... de ... de 2008, pola que se regula o procedemento de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde.



         Na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público,  no seu art. 25 en relación co art. 23, configúranse os trienios como parte integrante das retribucións básicas dos funcionarios interinos, establecendo ademais no seu parágrafo segundo que se recoñecerán os trienios correspondentes aos servizos prestados antes da entrada en vigor do Estatuto.

Respecto á aplicación deste precepto ao persoal estatutario, temos que ter en conta o sinalado no seu art. 2.3, en canto ao ámbito de aplicación do novo Estatuto Básico, e interpretar de acordo con el, a configuración que se fai das retribucións básicas, fixadas pola Lei de Orzamentos Xerais do Estado, fronte ás retribucións complementarias, cuxa configuración se remite ás leis da administración correspondente,


Por outra banda o concepto de funcionario interino que recolle o Estatuto Básico configúrase en contraposición ao funcionario de carreira, en virtude da natureza temporal ou non do seu nomeamento. Así o artigo 10 do Estatuto Básico sinala que os funcionarios interinos son aqueles que son nomeados, con carácter temporal, para a cobertura de prazas vacantes en tanto non o sexan por funcionarios de carreira, para a substitución de titulares e para a execución de programas temporais ou para acometer o exceso ou acumulación de tarefas. No mesmo senso este concepto de funcionario interino coincide cos supostos previstos no ámbito estatutario para a figura do persoal estatutario temporal, regulada no art. 9 do citado Estatuto Marco, e que abarca os nomeamentos de interinidade por vacante, de carácter eventual e os de substitución, reflectindo deste modo a súa contraposición á figura do persoal estatutario fixo.


Dado o anterior, resulta preciso regular o procedemento para o recoñecemento dos trienios correspondentes ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde, tendo en conta como sinala o citado art. 25.2, que  este recoñecemento unicamente terá efectos retributivos a partir da  entrada en vigor do Estatuto Básico.
 

   
En virtude do disposto, e de acordo coas atribucións conferidas polo artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,








DISPOÑO:


Artigo 1º-   A presente Orde ten por obxecto establecer o procedemento de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde.

Asimesmo ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde recoñeceránselle os trienios correspondentes aos servizos prestados con anterioridade a entrada en vigor da presente orde nos termos da lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública.


Artigo2º-   Se considerarán servizos efectivos todos os indistintamente prestados en calquera Administración Pública e baixo calquera réxime xurídico.

A unidade de persoal do complexo hospitalario, hospital, xerencia de área ou xerencia de atención primaria onde preste os seus servizos expedirá, previa solicitude do interesado, o correspondente certificado de servizos prestados, conforme ao modelo que se adxunta como anexo I.

Cando se teñan prestado servizos noutros centros do organismo distintos a aquel no que se estea a prestar servizos, noutros centros da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou noutras administracións públicas, a certificación orixinal dos ditos servizos, conforme ao modelo que se adxunta como anexo I, deberá ser asinada polo órgano competente.


Artigo 3º-   Para o recoñecemento dos trienios o interesado/a presentará, conforme vaia acumulando os servizos necesarios para o seu perfeccionamento, a súa solicitude acompañada da certificación sinalada no artigo anterior.

O recoñecemento da antigüidade  do persoal estatutario temporal (anexo II) corresponderá aos directores provinciais do organismo, de acordo co establecido na disposición transitoria quinta, letra f, do Decreto 46/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, ou a quen regulamentariamente se determine.





Artigo 4º-   Os trienios recoñecidos ao persoal estatutario temporal de acordo co sinalado no artigo 3º, terán efectos retributivos, no seu caso, a partir do seu perfeccionamento.

Os trienios perfeccionados como consecuencia do recoñecemento de servizos previos prestados con anterioridade á entrada en vigor do  Estatuto Básico do Empregado Público, terán efectos retributivos unicamente dende a data da súa entrada en vigor o día 13 de maio de 2007.


Disposición transitoria

Quen ostentase a condición de persoal estatutario temporal entre a data de entrada en vigor do Estatuto Básico do Empregado Público e a entrada en vigor desta orden, sen que se encontre  actualmente vinculado a ningún centro de gasto do Servizo Galego de Saúde, e que de acordo co establecido nesta orden tivera dereito ao perfeccionamento de trienios polo recoñecemento de servizos previos, dispoñerá dun prazo de dous meses desde a súa entrada en vigor, para instar o procedemento en ela regulado. 


Disposicións derradeiras


Primeira.- Autorízase o director xeral de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde para ditar as normas que sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.


Segunda.-   Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.




Santiago de Compostela, ... de ... de 2008.




Mª Jose Rubio Vidal
Conselleira de Sanidade

Capi

isapa


Capi

Cita de: isapa en 10 de Abril de 2008, 12:28:48 PM
¿Van a empezar a pagarlos?

Todavia esta pendiente de que la publiquen el en DOGA pero eso es inminente. Asin que supongo que empezaran a pagar pronto.
Capi

isapa

Yo ya me recorrí todas las gerencias para pedir los servicios prestados, me falta sólo Burela, para solicitar los trienios.