avatar_Lilita

Carta a los COEs de Galicia denunciando precariedad laboral en Galicia! Reenviad

Iniciado por Lilita, 16 de Mayo de 2012, 12:42:05 PM

Tema anterior - Siguiente tema

0 Miembros y 1 Visitante están viendo este tema.

Lilita

Esta é carta que reenviei ós catro colexios de Enfermería; animo a todo o mundo a que a reenvie (tal cal ou o que crea convinte) As direccións son: coepo@coepo.com, comunicacion@coepo.com, Coidados@enfermundi.com, coleg32@enfermundi.com e colexio@enfermerialugo.org

Estimado/a Presidente do Colexio oficial de Enfermería:
Diríxome a vostede porque polo cargo que ten e a posición que ocupa penso que é unha das persoas máis cualificadas para responder a unha serie de dúbidas. O paro en enfermería está a aumentar espectacularmente (algunhas fontes citan un 51% no último ano) e descoñezo a súa opinión así como a estratexia a seguir ou as solucións nas que están pensando.
O noso salario está descompensado en canto a nosa formación e responsabilidades e moi lonxe de arranxar esta situación, podemos vernos abocados a unha notable reducción. Os convenios provinciais existentes en Galicia, referentes para moito@s compañeir@s son paupérrimos. ¿Quén defende a estes compañeiros? ¿As súas responsabilidades son distintas por traballar nun centro máis pequeno? ¿A súa formación é menor por traballar nun centro privado? ¿Quén firma estes convenios? Os sindicatos... Supoño que o Colexio non pode entrar directamente nestas negociacións pero si que pode presionar e sobre todo denunciar ¿o fixo? ¿informou ós seus colexiados e resto de enfermería da precariedade dos contratos que teñen moit@s compañeir@s? ¿Aportou ó colexio alguna alternativa? ¿Organizou algunha mobilización?
Na miña opinión a negociación dos convenios provinciais e importantísima porque na actualidade é o que marca o noso mínimo, é o patrón que van a seguir os nosos xestores para as vindeiras negociacións. Amose o convenio provincial para que nos decatemos do que nos espera.
¿Sabe cant@s compañeir@s están realizando prácticas voluntarias? Quizáis non. ¿Sabe que o obxetivo destas prácticas é que traballemos de valde? ¿Sabe que isto está conlevando a que non se está contratando enfermeir@s? Canta máis enfermería esté no paro peores serán as condicións dos que están a traballar... Non estamos en condicións de perder nada. Nin sequera o Colexio debería estar en condicións de perder afiliados. Sen embargo, entendería que os recén titulados non se colexiasen ¿qué gastos ocasiona un novo colexiado? ¿Por qué teñen que pagar máis de 200 euros por colexiarse? ¿Antes de saber como funciona o Colexio? A promoción pasada apenas traballou (moitos deles nin un día) esta vai polo mesmo camiño e se lles pide uns 500 euros o primeiro ano e máis de 200 euros os seguintes...
A xente que está no paro é lóxico que se plantexe renunciar a certos recibos e antes de deixar de pagar a auga ou a luz decantaranse por deixar de pagar o do Colexio. Pense nalgún tipo de modificación para os recén titulados e a xente que non traballa.
Estou totalmente a favor do Colexio como institución pero hai que pensar en solucións e ter influenza. Tan só polo número que somos este poder o temos.
Infórmenos permanentemente, denuncien tódalas inxustizas que sufrimos e cambiemos o noso rumbo.
Espero ter novas súas.
Grazas e saúdos