avatar_snupi

A que no nos dan los puntos?

Iniciado por snupi, 09 de Diciembre de 2009, 15:39:48 PM

Tema anterior - Siguiente tema

0 Miembros y 1 Visitante están viendo este tema.

snupi

Pues eso, que al final vereis como los que hemos aprobado esta OPE no nos va a contar para nada nadita. Al parecer van a sacar las listas de contratación con los puntos de la OPE 2006 y hasta la proxima OPE no piensan abrir lista alguna para luego sacarla segun el nuevo pacto.
Con lo cual: OPE 2009 = perdida de tiempo.
Y sino leed:


Posteado dende CIG-SAUDE:

O venres 4 de decembro houbo unha reunión co SERGAS para falar das contratacións, tanto das listaxes pendentes como do novo pacto de contratacións. Como previa ao inicio da reunión, a Administración infórmanos da situación na que se atopan as listaxes pendentes de publicar. Desde a Tesourería da S.S de Madrid xa enviaron o disket cos datos do desemprego, nos próximos días farán a volcaxe de datos e, en breve, publicaran as listaxes provisorias. Reiteraron a celeridade coa que se fixo esta baremación, xa que o anterior proceso durara ano e medio

Desde CIG-SAÚDE comentámoslle que a celeridade veríase ao final do proceso, unha vez publicadas as listaxes definitivas.

Nesta reunión a Admón fixo entrega dunha nova proposta. A devandita proposta non é definitiva, xa que tras o debate sindical a Admón quedou en valorar a proposta que unanimemente lle facíamos as organizacións sindicais.

A PROPOSTA DA ADMÓN.:

1.- Incentivación ou recoñecemento do persoal que superou os procesos selectivos.
2.- Nesta proposta barémanse todos: aprobados, suspensos e non presentados.
3.- Unha única listaxe con dous bloques e baremada con criterios de OPE:
a.-Nota de exame, ponderada segundo a puntuación obtida.
b.-Experiencia profesional.
c.-Formación.
4.- A devandita listaxe tería dous bloques:
a.- No primeiro bloque, estaría por orde de baremación o persoal que superase o proceso selectivo.
b.- No segundo bloque, estaría por orde de baremación o persoal que non superase o proceso selectivo e o persoal que non participase na OPE.

Esta proposta mellora a proposta presentada na reunión anterior, pero a Admón pretendía seguira diferenciar na baremación os aprobados dos suspensos. Despois do debate, a Admón aceptou pensar a proposta unánime das organizacións sindicais:

Proposta das organizacións sindicais:

Unha única lista baremada con criterios OPE: aprobados e suspensos, como se fai agora neste pacto. Cada ún tería a orde de prelación que lle corresponda segundo os méritos achegados. Pendente de que a Admón o valore.

O pacto que se negocie agora será de aplicación despois da próxima OPE; nese momento todo o persoal coñecerá previamente as regras do novo pacto.

Ademáis disto, a Admón informounos da súa pretensión de crear unha plataforma dixital para facer un rexistro de persoal onde figuren todos os méritos: experiencia profesional, formación... Nesta plataforma rexistraríase todo o persoal: fixo, interino, eventual, demandante de emprego... Os méritos aquí rexistrados utilizaríanse para todos os procesos: mobilidade interna, carreira, traslados, OPE...

A pretensión da Admón: esta é a última vez que se barema.
" Más vale estar callado y parecer tonto que abrir la boca y despejar todas las dudas"